Logos

|  

CAMPUS ONLINE  

Pagina nueva 1

 

 

Con la financiación de:

FunPRL

 Inicio

En los últimos 6 años

ACTUALIDADE


Noticias anepa

Noticias ANEPA

Diaadia2

Boletín diario de noticias laborais, económicas, sociais, solidaridade - COMFIA

NoticiasFES

Actualidade FeS-UXT

 

OS RISCOS E A SÚA PREVENCIÓN


 

Pantallas de visualización de datos

 

 

 

Im pvd

 

 

Poucos son os traballadores actuais que no seu traballo non empregan unha pantalla de computadora, aínda que sexa moi pouco tempo; para outros moitos, porén, o computador converteuse na súa principal ferramenta de traballo e pasan fronte a ela varias horas ao día ou, aínda, a práctica totalidade da xornada.

 

No traballo as computadoras foron introducidas, coma outras tecnoloxías, sen un estudo profundo de cais podían ser as súas consecuencias sobre as persoas que traballan, polo que foi preciso regular esa situación a medio dunha normativa específica ( Real Decreto 488/1997 sobre disposicións mínimas de seguranza e saúde relativas ao traballo con equipos que inclúen pantallas de visualización ).

 

Basicamente os problemas plantexados polo traballo con pantallas de visualización poden de tres tipos: posturais, visuais e de carga mental. Na vixilancia da saúde deberán aplicarse os protocolos específicos para quen traballa con pantallas de visualización.

 

»

Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ao emprego de equipos con Pantallas de visualización

 

Calidade do aire interior

 

Im aire

Nos modernos edificios de oficinas, dotados de aire acondicionado e moi a cotío sen fiestras practicábeis, é habitual que os traballadores/as que desenvolven as súas tarefas neles sufran molestias derivadas da "mala calidade" do aire interior. Estes problemas poden ser de falla de confort térmico ou debido á contaminación química do aire interior e, asiduamente ás dúas causas ao tempo.

 

Emerxencias e primeiros auxilios

 

 

Os primeiros auxilios son a primeira axuda que vai recibir o accidentado. É importante ter en conta que unha correcta actuación nos primeiros minutos pode salvar unha vida. De aí a importancia de ter uns coñecementos mínimos en temas de socorrismo. Demasido a miúdo a actitude que se toma perante un accidentado é a de collelo e trasladalo urxentemente a un centro sanitario. Esta non é, nin moito menos, a mellor actuación e, aínda, pode resultar fatal para o accidentado. Os tres grandes pasos que deben tomarse fronte a un ferido son: protexer, avisar, socorrer.

 

Violencia no traballo

 

 

 

Im violencia

 

 

A violencia no traballo abrangue as agresións físicas, as condutas físicas ou verbais ameazantes e/ou intimidatorias e os ataques ou agresións de carácter psíquico, ben sexan momentáneas ou reiteradas, que poda sufrir o traballador ou traballadora en circunstancias relacionadas co traballo.

A violencia no traballo pode ser interna (entre persoas que traballan na empresa) ou externa, cando interveñen persoas alleas á empresa (usuarios/as dos servizos, provedores, público en xeral...).

 

A VI Enquisa Nacional de Condicións de Traballo (2007) puxo de manifesto que as formas de violencia no traballo máis frecuentes son a violencia efectuada por persoas non pertencentes ao lugar de traballo (público, empregados doutras empresas, etc.) que o 3,8% dos traballadores manifesta ter padecido nos doce meses anteriores, seguida pola discriminación por nacionalidade (1,1%) e a discriminación sexual (0,9%).

 

A VI Enquisa Nacional avalía tamén a frecuencia dos casos de violencia psíquica de carácter interno (habitualmente chamada acoso), concluíndo que, segundo se adoute un criterio restritivo ou un criterio amplo, a porcentaxe de traballadores afectados nos últimos doce meses oscila entre o 1,4 e o 2,9%, con cativas diferenzas entre sectores de actividade. É o xeito máis estendido de violencia no traballo. O  acoso afecta máis a persoas xóvenes (menores de 45 anos), mulleres e nas empresas de máis de 250 traballadores, pero as diferenzas son pequenas (o nível máximo é do 5,1% en empresas grandes aplicando o criterio pouco restritivo).

 

O acoso pode ser de catro tipos: discriminatorio, sexual, moral e institucional e a súa prevención esixe determinadas actuacións preventivas, así como que a empresa se dote de protocolos de actuación perante  calquera situación de violencia que se detecte.

 

Riscos psicosociais

 

 

 

Im psico

 

 

A evolución do xeito de traballar, cada vez máis "mental" e menos "físico", fixo que cobren unha crecente importancia na saúde laboral os factores de risco psicosociais, que a Axencia Europea de Saúde e Seguranza no traballo define como todo "aspecto da concepción, organización e xestión do traballo, así como do seu  contexto social e ambiental que ten a potencialidade de causar danos físicos, psicolóxicos ou sociais nos traballadores/as".

 

Os factores de risco psicosociais poden provocar estrés e desgaste profesional, que poden rematar provocando diversas enfermidades físicas (cardiovasculares, respiratorias...) e/ou psíquicas (ansiedade, depresión...). Un tipo cada vez máis frecuente de risco psicosocial é a violencia no traballo.

 

A VI Enquisa Nacional de Condicións de Traballo, ao estudar os factores psicosociais considera o apoio social, o desenvolvemento e a autorrealización profesional, a autonomía, a estabilidade no emprego, o salario, a promoción e as relacións persoais. Estes son algúns datos relevantes.

 

Máis do 50% dos traballadores pode obter “sempre ou a miúdo” axuda dos seus compañeiros ou superiores se a pide, pero ao redor do 15% non pode obtela “nunca ou raramente”. Case as tres cuartas partes dos traballadores considera que fai “sempre ou a miúdo” un traballo “ben feito” e “útil”, pero un 7% non o fai “nunca ou raramente” e ao redor do 17% só ás veces. Mentres ao redor dun 30% dos traballadores pode elixir ou modificar “sempre que quero” a orde das tarefas que realiza, o método de traballo, o ritmo de traballo, a distribución e duración das pausas e as vacacións ou días libres, entre un 20 e un 25% non pode facelo nunca ou case nunca.

Anepa

Asprem ComfiaCCOO LogoFeS Fundacionupc

Google Analitics

© MEMENTum.net